InicioOrientalRibadeoArrinca o Ribadeo Indiano cun obradoiro de coctalaría ao que asisten máis...

Arrinca o Ribadeo Indiano cun obradoiro de coctalaría ao que asisten máis de 30 profesionais

O concelleiro de Turismo e a presidenta de Acisa, Pablo Vizoso e Carmen Cruzado, déronlles a benvida aos asistentes, animáronos a gozar deste obradoiro.

Publicada o

- Advertisement -

Cun obradoiro de coctelería arrincaron esta tarde as actividades do Ribadeo Indiano 2023. Máis de 30 profesionais do sector hostaleiro asisten no Parador de Turismo a esta sesión, que é impartida por Marcos Martínez Iglesias, galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos, en 3 campionatos nacionais, nun campionato nacional de coctelería sen alcohol e nun campionato nacional GinTonic.

O concelleiro de Turismo e a presidenta de Acisa, Pablo Vizoso e Carmen Cruzado, déronlles a benvida aos asistentes, animáronos a gozar deste obradoiro no que os cocteles cubanos están a ser os protagonistas, xunto a outros pensados para a ocasión, “mantendo iso si, a esencia coa que naceu o Ribadeo Indiano, que non é outra que render homenaxe a aquelas persoas que un día decidiron subir a un barco na procura dun futuro mellor”.

E engadiron que “para seguir marcando a diferenza no Ribadeo Indiano é por iso que desde a organización programamos este obradoiro de coctelería”.

Vizoso Galdo e Cruzado Iglesias tiveron palabras de agradecemento para o cocteleiro Marcos Martínez e tamén para o Parador de Turismo de Ribadeo “por acollernos aquí e por colaborar con Acisa e co Concello sempre que lles plantexa unha idea deste tipo”.

Concelleiro de Turismo e presidenta de Acisa amosáronse satisfeitos “da boa acollida desta convocatoria á que se inscribiron 35 profesionais do sector hostaleiro de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...