InicioOrientalRibadeoAlumnado do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo asistiu aos obradoiros de queixo

Alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo asistiu aos obradoiros de queixo

A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe foi o alumnado do colexio Sagrado Corazón o que asistiu aos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias.

Desde o Concello o edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “continuamos con estes obradoiros de queixo para a xente moza. Para moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario. As nenas e os nenos que esta mañá se desprazaron ao CFEA Pedro Murias descubriron con moita atención e participaron no proceso de elaboración do queixo”. A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...