InicioOrientalRibadeoObradoiro de danza en Ribadeo en xuño nas antevésperas da celebración indiana

Obradoiro de danza en Ribadeo en xuño nas antevésperas da celebración indiana

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “xa arrincamos este pasado luns cun obradoiro de coctelería, que foi un éxito de participación".

Publicada o

- Advertisement -

Cun obradoiro de baile para a mocidade seguirán as antevésperas do VIII Ribadeo Indiano. Será os días 17 e 24 de xuño.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “xa arrincamos este pasado luns cun obradoiro de coctelería, que foi un éxito de participación. Tratouse dunha actividade coa que desde Acisa e desde o Concello pensamos en ir un paso mais aló, en marcar un paso diferenciador no Ribadeo Indiano, pero mantendo a esencia coa que foi concebido este evento”.

O edil ribadense subliñou: “e agora programamos máis actividades para seguir creando ambiente de cara ao oitavo Ribadeo Indiano, que terá lugar do 7 ao 9 de xullo. Magie Dance vai impartir un Flashmob de Bachata os sábados 17 e 24 de xuño de 11 a 13 horas no espazo de skate de Ribadeo”.

Vizoso Galdo dixo: “animamos a toda a mocidade e a toda a xente con espírito mozo a que participe nestes obradoiros de baile para despois poder gozar da música e das verbenas da época que terán lugar durante o Ribadeo Indiano 2023”.

Na presentación do obradoiro de baile participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez. Carmen Cruzado manifestou: “estamos na conta atrás para a oitava edición do Ribadeo Indiano. De aquí a xullo ribadenses e visitantes teremos a posibilidade de ir ambientándonos con cocteles, con bailes e con outras actividades que están por vir”.

As persoas interesadas en obter máis información sobre esta actividade poden dirixirse á Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo ou ás instalacións de Acisa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...