O alcalde, Fernando Suárez, recibiu esta tarde ás portas do Concello a dous amigos lugueses que están a realizar en catro días o Camiño do Norte en bicicleta desde Irún a Santiago co fin de dar visibilidade a algunhas enfermidades raras.
O rexedor deulles a benvida e ánimos para poder completar o seu reto en catro días. Mañá, sábado, chegarán a Compostela.
A terceira etapa rematou pasadas as sete da tarde en Ribadeo. O obxectivo de Jacobo e Pablo “é recadar fondos e dar visibilidade á investigación de enfermidades priónicas. Patoloxías das denominadas raras e para as que a día de hoxe no hai cura: Creutzfeld Jakob, a encefalopatía bovina esponxiforme, o insomnio letal ou o insomnio letal familiar, do que faleceu meu irmán”.
Jacobo Goás contou que “a raíz do pasamento do meu irmán decidimos facer algo para axudar na investigación desta enfermidade”.