InicioOrientalRibadeoEntregados os premios do XVI Ribadeo de Tapeo

Entregados os premios do XVI Ribadeo de Tapeo

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicitou aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público".

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu na tarde de onte a entrega dos premios do XVI Ribadeo de Tapeo, que se celebrou o pasado mes de maio e no que participaron unha trintena de locais hostaleiros.

O xurado profesional decidiu que o primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca. E o público decidiu que a mellor tapa fose a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.

Todos eles recolleron esta tarde os seus agasallos. O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicitou aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público. E queremos darlles as grazas aos trinta establecementos hostaleiros que participaron na décimo sexta edición do noso concurso gastronómico, un referente en Galiza ao longo de todos estes anos. Isto é algo do que nos sentimos especialmente orgullosos desde o Concello de Ribadeo, como organizadores deste evento gastronómico durante todo este tempo”.

E engadiu: “tamén queremos agradecerlle ao público, ao de Ribadeo e ao de toda a contorna, o apoio ao noso concurso gastronómico. E aproveito tamén esta ocasión para agradecer, unha vez máis, as colaboracións da hostalaría local e das firmas que apostaron polo Ribadeo de Tapeo, para que o público puidese participar nun importante sorteo de agasallos, que tamén entregamos esta tarde”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local lembrou algunhas das novidades do décimo sexto Ribadeo de Tapeo: “como foi o vídeo elaborado sobre o pemento de Piñeira e a cebola de Vilaselán para dar a coñecer estes dous produtos locais e un merecido recoñecemento ás agricultoras e agricultores destas dúas parroquias e por extensión de todo o concello, ou a creación do premio para o/a picariño/a lambón/ha pensado para os menores de 12 anos que acompañasen á súa familia durante o Ribadeo de Tapeo. Ademais mantivéronse características típicas como os soños gastronómicos, que son eses packs ofrecidos polos hoteis de Ribadeo para gozar desta cita. E o arranque desta edición coincidiu coa presenza no porto da Nao Victoria. Todo ilo aderezado con visitas guiadas, concertos, obradoiro de cociña de tempada e proximidade ou o escape room”.

Pablo Vizoso tamén tivo palabras de agradecemento “para o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo e para a técnica de Turismo, Begoña García, polo traballo realizado”. Ao final do acto todas as galardoadas e galardoados fixeron xuntos a tradicional foto de grupo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...