Acisa aclara que os seus socios poderán abrir tres horas máis na noite de fin de ano

Apehl comunicara a varios hostaleiros que Ribadeo quedaba "á marxe da ampliación horaria"

Directiva de Acisa Ribadeo. FARO NORTE

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo insiste en que os establecementos hostaleiros asociados poderán abrir tres horas máis na noite de fin de ano e unha hora máis en Reis.

O colectivo empresarial ribadense aclara deste xeito a confusión xerada por parte da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl), que comunicou a varios dos hostaleiros ribadenses que “Ribadeo quedaba á marxe das ampliacións horarias para fin de ano”.

SOLICITUDE

Acisa lembra que “en Ribadeo só os nosos asociados e grazas á ampliación horario que pedimos e que concedeu a Xunta de Galicia, aprobada tamén polo Concello de Ribadeo, os establecementos hostaleiros poderán abrir tres horas máis do que estipulan as súas licenzas, nunca superando as 8.00 horas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here