InicioOrientalRibadeoO Club de Remo de Ribadeo conta cunha nova embarcación M6

O Club de Remo de Ribadeo conta cunha nova embarcación M6

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira ribadense e deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, supervisou xunto ao presidente do Club de Remo de Ribadeo, Miguel Balsa, a embarcación M6 coa que conta esta entidade.

Freire Rancaño explicou que “despois de estudar con detemento a petición realizada polo Club de Remo de Ribadeo desde a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación concedémoslle a esta entidade unha subvención excepcional para colaborar no financiamento dos gastos derivados da adquisición dunha embarcación M6, cuxo custe se achegou aos 14.000 euros”.

A concelleira ribadense subliñou que “coa chegada desta embarcación ao Club de Remo de Ribadeo garántase tamén unha maior seguridade para atender un rescate ou calquera outra emerxencia que puidesen sufrir as remeiras e os remeiros desta entidade”.

A edil engadiu que “tanto desde o Concello de Ribadeo como desde a Área de Mocidade da Deputación, sempre apostamos polo deporte local e polos valores de entrega, esforzo, compañeirismo ou superación que clubs coma este lles transmiten ás nenas e aos nenos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...