InicioOrientalRibadeoNova maquinaria en Ribadeo para mellorar os servizos do rural

Nova maquinaria en Ribadeo para mellorar os servizos do rural

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “nun concello, coma o noso, que ten unha extensión de 100 quilómetros cadrados e que conta con amplas zonas verdes".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo conta con nova maquinaria para mellorar os servizos públicos no rural. Trátase dunha rozadoira de brazo articulado traseiro para dispor sobre tractor.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “nun concello, coma o noso, que ten unha extensión de 100 quilómetros cadrados e que conta con amplas zonas verdes e centos de quilómetros de vieiros municipais, precisa da maquinaria axeitada para poder manter nas mellores condicións posibles as estradas, as cunetas ou as áreas recreativas”.

O edil ribadense contou que “esta rozadoira únese ao parque de maquinaria co que conta o Concello de Ribadeo, grazas ao convenio asinado coa Área de Medio Rural da Deputación”. O investimento ascendeu a 39.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...