InicioOrientalRibadeoO Ribadeo Indiano terá o seu propio cóctel saído do obradoiro celebrado...

O Ribadeo Indiano terá o seu propio cóctel saído do obradoiro celebrado o 5 de xuño

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “xa estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 e queremos dirixirnos ás compañeiras e compañeiros dos bares, cafeterías, restaurantes e hoteis, da nosa vila para animalos a participar de forma activa neste importante evento".

Publicada o

- Advertisement -

O Ribadeo Indiano contará co seu propio cóctel. A súa elaboración saíu do obradoiro celebrado o pasado 5 de xuño. Concello e Acisa animan á hostalería local a involucrarse activamente no evento.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “xa estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 e queremos dirixirnos ás compañeiras e compañeiros dos bares, cafeterías, restaurantes e hoteis, da nosa vila para animalos a participar de forma activa neste importante evento. Gustaríanos que durante o Ribadeo Indiano e nos días previos ofrecesen pinchos, tapas ou racións (de balde ou de pago) así como menús especiais típicos da gastronomía de ultramar. E tamén os queremos animar e motivar para que amplíen a súa oferta de cócteles. Todo co obxectivo de que durante uns días nos traslademos ás Américas a través da decoración das rúas, da vila, dos negocios, das indumentarias e tamén dos sabores”.

Cruzado Iglesias explicou que “para poder facer dende a organización a debida promoción e publicidade destas ofertas gastronómicas os establecementos interesados deben enviar a ficha de inscrición cuberta antes do 29 de xuño ás seguintes direccións de correo electrónico turismo@ribadeo.org ou ben a info@acisaribadeo.es”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “tras o éxito do obradoiro de cócteles impartido nas antevésperas do Ribadeo Indiano, facilitámoslles a todos os negocios de hostalaría de Ribadeo unha guía con vinte propostas diferentes de elaboracións destes combinados con e sen alcol. E ademais presentamos o cóctel oficial do Ribadeo Indiano, nacido no obradoiro celebrado fai uns días en colaboración coa marca comercial Habana Club e cuxa receita é a seguinte: 3 fresas (concentrado de fresa), ¼ lima natural, 5cl Ron Havana 3, refresco de lima limón e xeo picado ou roto”.

Pérez Prada dixo: “coma en edicións pasadas animamos tamén aos locais hostaleiros a que escollan un pais iberoamericano de referencia para crear estas propostas gastronómicas e de paso ambientar o seu local cun estilo propio”.

Desde Acisa e desde o Concello agradecen “a colaboración de Habana Club para poder realizar o obradoiro do pasado 5 de xuño e pola guía de cocteles facilitada aos hostaleiros locais co obxectivo de que poidan ampliar a súa oferta antes, durante e despois do Ribadeo Indiano 2023”.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, sinalou que “o Ribadeo Indiano precisa da implicación de todas e todas, veciñanza, negocios, institucións, asociacións… esta festa chegou moi alto en so sete edicións porque nela participan desde os máis cativos e cativas da casa ata os maiores. É un evento cunha oferta cultural moi ampla, pensado para que toda a sociedade o poida gozar a través de concertos, visitas teatralizadas, charlas, xogos, bailes, xincanas e grandes citas musicais, como a que vai protagonizar este ano o cubano Eliades Ochoa”.

E engadiu: “desde a organización, Concello e Acisa, agardamos que o Ribadeo Indiano siga a medrar para continuar homenaxeando a aquelas e aqueles veciños e veciñas que un día tiveron que emigrar. Vémonos polas rúas e nas casas de comidas e bebidas do 7 ao 9 de xullo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...