InicioOrientalRibadeoRemantan as obras do aglomerado na rúa Casa do Pobo en Ribadeo

Remantan as obras do aglomerado na rúa Casa do Pobo en Ribadeo

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “asistirmos estes días ao remate das obras realizadas na rúa Casa do Pobo, que deron comezo hai uns tres meses".

Publicada o

- Advertisement -

Concluíu o aglomerado na rúa Casa do Pobo. Nos vindeiros días rematará a totalidade desta importante obra, que supuxo un investimento de 100.000 euros.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “asistirmos estes días ao remate das obras realizadas na rúa Casa do Pobo, que deron comezo hai uns tres meses. Coa execución deste proxecto o Concello de Ribadeo deu un paso definitivo para arranxar este viario que se atopaba en moi mal estado de conservación e que levaba moitos anos precisando dunha mellora”.

A edil ribadense lembrou o intenso traballo técnico realizado para elaborar o proxecto de acondicionamento desta rúa, que agora conta un ancho de 10 metros: “as veciñas e veciños da rúa Casa do Pobo cederon as superficies necesarias para poder chegar a ese ancho de 10 metros que marca o noso plan xeral, e por iso, hoxe é posible disfrutar xa desta rúa moderna, cómoda, que conta con beirarrúas novas e aglomerado en quente. Instalouse tamén unha nova canalización de saneamento, mellorando a de abastecemento de auga, e soterráronse as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. Tamén se colocaron varandas metálicas, nova sinalización horizontal e vertical e iluminación led. Quedan uns pequenos flocos pendentes, que culminarán nos vindeiros días”.

Freire Rancaño engadiu: “pouco a pouco estamos a ver como algunhas das obras proxectadas nos últimos meses polo equipo de goberno están chegando ao seu fin para que a veciñanza poida gozar de todas estas melloras”.

MELLORA DA SEGURIDADE NO PASO DE PEÓNS DA AVENIDA RAFAEL FERNÁNDEZ CARDOSO

O Concello mellorou a seguridade no paso de peóns da Avenida Rafael Fernández Cardoso.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, dixo que “instalamos dúas sinais luminosas de pasos de peóns led solares, co obxectivo de mellorar a seguridade nesa zona da nosa vila, que conta con moita poboación e cun nivel de tráfico importante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...