InicioPolíticaOPINIÓN: Tres edís do BNG en Ribadeo non recollerán a súa acta...

OPINIÓN: Tres edís do BNG en Ribadeo non recollerán a súa acta de concelleiros

Os exconcelleiros Jorge Díaz Freije, Pilar Otero Cabarcos e Mónica Freire Rancaño expoñen os motivos de non recolleren a súa acta de concelleiro para este novo mandato.

Publicada o

- Advertisement -

Jorge Díaz Freije, Pilar Otero Cabarcos e Mónica Freire Rancaño

No día de hoxe, queremos comunicarvos a nosa decisión de non recoller a acta como concelleiras e concelleiro do BNG no concello de Ribadeo.

As razóns que nos levan a tomar esta determinación nada teñen que ver coa nosa vontade persoal de continuar a traballar na mellora do noso Concello, senón que se basean na perda de confianza na organización política que representamos ata o día de hoxe, e que semella non compartir connosco o obxectivo de que Ribadeo conte cun goberno nacionalista de esquerdas.

Nestes catro anos o traballo realizado dende o grupo de goberno foi rigoroso, leal e comprometido cun proxecto integral de Ribadeo que se viña desenvolvendo nos últimos 16 anos. As probas son evidentes: os investimentos e actividades realizadas no derradeiro mandato requiriron dun traballo constante que tiveron, en gran medida, participación da Deputación de Lugo. Moitas compañeiras e compañeiros con responsabilidades de goberno nas diferentes localidades da nosa provincia acreditan esta labor feita e así o trasladaron nos diferentes órganos internos do BNG.

Para poder seguir desenvolvendo este traballo, desde hai meses, a candidatura do BNG de Ribadeo, da que formamos parte, tiña un acordo con representantes da Executiva Nacional e coa propia voceira nacional, Ana Pontón, no cal, entre outros puntos se garantía que o deputado ou deputada provincial seguiría a ser do noso concello. Non se trataba dunha cuestión banal nin gratuíta, senón que era unha demanda xusta e lexítima para con Ribadeo, e así o consideramos as dúas partes.

Unha vez coñecida na tarde de onte a decisión do Consello Nacional do BNG, sen ter en conta a vontade da propia Asamblea Comarcal da Mariña, na que a maioría das propostas feitas defenderon a continuidade da representación de Ribadeo na Deputación, non podemos máis que sentirnos enganados pola mesma organización da que levamos formando parte tantos anos.

Hoxe é un día moi difícil e triste para nós. Hoxe deixamos a política municipal e a militancia nacionalista de décadas nalgún caso. Hoxe tomamos a determinación de non continuar como concelleiros do BNG. Mais facémolo co sosego e fortaleza de quen fai as cousas con responsabilidade, de maneira íntegra e fieis aos seus principios. Facémolo tamén con liberdade, sen ter as mans atadas e volvendo as nosas dedicacións anteriores. E sobre todo, facémolo antepoñendo Ribadeo a todo, e tamén a todos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...