- Advertisement -
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e os concelleiros Francisco José Silvent e Diego Dos Santos asistiron esta pasado mércores ao peche dos actos conmemorativos do 50 aniversario do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz. As celebracións remataron cunha merenda-cea, á que acudiron máis de 300 persoas, e coas actuacións musicais de Corazones Jóvenes e Tumba e Dálle.
Vega felicitou á dirección do centro no que el estudou hai anos.
Na cita participaron antigos alumnos e profesores ademais de familias e a comunidade educativa actual.