A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acolleu onte e hoxe un taller presencial gratuíto sobre motivación e emprendemento. Estivo dirixido a mulleres.
Desde a Aula CeMIT explicaron que “se tratou dun taller presencial gratuíto sobre motivación o emprendemento e educación familiar financeira, con asesorías personalizadas para poñer en marcha unha idea de negocio. Estivo dirixido a mulleres desempregadas ou traballadoras con inquedanzas emprendedoras”.
A actividade tivo lugar na Aula CeMIT do Concello de Ribadeo entre este pasado mércores e este xoves.