InicioOrientalRibadeoO Mercado dos Domingos en Ribadeo abre este 25 de xuño até...

O Mercado dos Domingos en Ribadeo abre este 25 de xuño até mediados de outubro

O alcalde, Dani Vega, sinala que “o que pretendemos é pór en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de tempada e saudable, beneficiando a economía local e dinamizando a vila”.

Publicada o

- Advertisement -

Do 25 de xuño ao 15 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo. Será en horario de 9 a 14 horas.

O alcalde, Dani Vega, manifestou que “o inicio do verán en Ribadeo é sinónimo de sostibilidade, alimentación de proximidade e consumo local. Esta fin de semana volve o Mercado dos Domingos, que organizamos desde o Concello en colaboración coa asociación de produtores da horta A Sucadoira”.

O rexedor indicou que “o que pretendemos é pór en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de temporada e saudable, coidando do medio, beneficiando a nosa economía local e dinamizando a vila”.

No Mercado dos Domingos participarán 15 produtores e produtoras da zona, que porán á venda froitas, hortalizas, queixos, pan, doces, setas, cervexas e outro tipo de produtos como coitelos. Este domingo, 25 de xuño, a Asociación Cultural A Ronqueta amenizará o mercado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...