InicioOrientalRibadeoRibadeo organiza o concerto de Catuxa Salom o 25 de xuño para...

Ribadeo organiza o concerto de Catuxa Salom o 25 de xuño para o Día do Orgullo LGTBIQA+

O Concello de Ribadeo súmase á celebración desta data tan importante, ofrecendo un evento cultural que reflicte o compromiso pola igualdade e a diversidade.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza o vindeiro domingo, 25 de xuño, o concerto de Catuxa Salom para celebrar o Día do Orgullo LGTBIQA+.

A edil Begoña Sanjurjo anunciou que “o evento terá lugar o vindeiro 25 de xuño ás 13:30 horas, no Quiosco do Campo de San Francisco, e ofrecerá unha sesión vermú única para todos os asistentes”. Catuxa Salom é unha artista de gran recoñecemento na escena musical, cuxa proposta se centra na fusión de diversos xéneros e estilos, creando unha experiencia musical que atrapa e emociona ao seu público.

A celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI é unha oportunidade para lembrar a loita histórica da comunidade LGTBI pola igualdade de dereitos e polo respecto á diversidade sexual e de xénero. Neste sentido, o Concello de Ribadeo súmase á celebración desta data tan importante, ofrecendo un evento cultural que reflicte o compromiso pola igualdade e a diversidade.

A concelleira de Igualdade convida a participar: “queremos convidar a todas as veciñas e veciños da nosa vila e dos arredores a participar deste concerto e a gozar da música e do ambiente festivo que se xerará nesta ocasión tan especial. Como símbolo de solidariedade, igualdade e respecto cara a todas as persoas, colocamos onte a bandeira LGTBI, no balcón principal do Concello”.

Sanjurjo Santar engadiu: “a instalación do valo publicitario co lema Ribadeo séntese orgullosa da diversidade, a colocación da bandeira LGTBI no balcón do Concello e o concerto de Catuxa Salom son accións que forman parte do noso compromiso colectivo encamiñado a que Ribadeo sexa unha vila onde toda persoa se sinta segura, valorada e orgullosa de ser quen é”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...