InicioOrientalRibadeoFinalizaron as obras de acondicionamento da Rúa Casa do Pobo

Finalizaron as obras de acondicionamento da Rúa Casa do Pobo

O alcalde Daniel Vega aposta por continuar coa mellora da rede viaria en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo, que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o concello”.

O rexedor considera que “se fixeron ben as cousas, que houbo unha coordinación perfecta e unha inversión de máis de 100.000 euros. Desbrozouse e limpouse todo o terreo, eliminouse o aglomerado vello, construíronse novos muros de contención de formigón, procedeuse á demolición de todas as soleiras que daban entrada a vivendas e garaxes, dotouse a rúa de nova tubaxe para a auga, colocouse un novo colector do saneamento e tamén nova iluminación led”.

Vega aposta por seguir investindo en toda a rede de infraestruturas de Ribadeo: “mellorouse toda a zona e creo que os veciños e as veciñas están contentos co resultado. Penso que esta inversión é importante e nesta liña imos seguir, mellorando as contornas dos barrios, mellorando todas as nosas rúas e tamén seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o Concello”. Até a rúa Casa do Pobo se desprazaron esta mañá o rexedor e o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...