InicioOrientalRibadeoEncontro orquestral entre as escolas de música de Ribadeo, Mondoñedo, Burela, Xove...

Encontro orquestral entre as escolas de música de Ribadeo, Mondoñedo, Burela, Xove e Forte Glissando

O responsable da escola ribadense, Hugo García, lembrou que “esta iniciativa que leva xa anos en marcha, tivera que suspenderse coa pandemia, pero decidiuse retomala neste curso”.

Publicada o

- Advertisement -

O xoves 29 de xuño terá lugar un encontro orquestral no que participarán as Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Ribadeo, Xove e Forte Glissando, de Lugo.

O responsable da escola ribadense, Hugo García, lembrou que “esta iniciativa que leva xa anos en marcha, tivera que suspenderse coa pandemia, pero decidiuse retomala neste curso”.

García explicou que “o alumnado participante desfrutará dunha xornada de convivencia, na que ademais dos ensaios e concerto xa programados, realizarán unha visita guiada polo casco histórico de Ribadeo entre outras actividades. O que se busca con estas accións é fomentar as relacións entre os centros educativos e enriquecer a formación do alumnado”.

E engadiu que “como peche desta xornada, a agrupación que se forme dará un concerto ás 19:00 horas no Teatro de Ribadeo, onde ofrecerán un variado repertorio de obras clásicas de diferentes épocas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...