InicioOrientalRibadeoActo de entrega das bandeiras azuis ás praias de Ribadeo

Acto de entrega das bandeiras azuis ás praias de Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, declarou que “no Concello de Ribadeo estamos orgullosos de que se elixira para este acto a nosa praia máis emblemática pola que ano tras ano pasan milleiros de persoas".

Publicada o

- Advertisement -

A praia das Catedrais acolleu esta tarde o acto de entrega das bandeiras azuis aos areais que recibiron este galardón en 2023.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados e orgullosos de que se elixira para este acto a nosa praia máis emblemática pola que ano tras ano pasan milleiros de persoas e que sempre destaca e aparece nos primeiros postos de revistas de viaxes e turismo, de portais web específicos ou nas preferencias dos viaxeiros”.

O rexedor sinalou que “renovamos este ano as bandeiras azuis tanto nas Catedrais como na praia de Os Castros-As Illas e tamén a do sendeiro azul que vai desde As Aceas ata o faro da Illa Pancha, un paseo fantástico a carón da ría do que gozan a diario moitas veciñas e veciños de Ribadeo e que na época estival é tamén un polo de atracción turística”.

Á recollida das bandeiras azuis asistiron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...