InicioOrientalRibadeoComezan en Ribadeo os traballos de reforzo do servizo de limpeza até...

Comezan en Ribadeo os traballos de reforzo do servizo de limpeza até o mes de setembro

O alcalde, Dani Vega, comentou que “este reforzo ao sistema público de limpeza durará tres meses: xullo, agosto e setembro co obxectivo claro de baldear, limpar e varrer as rúas da nosa vila".

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe comezaron os traballos de reforzo do servizo de limpeza en Ribadeo, que se prolongarán ata o mes de setembro.

O alcalde, Dani Vega, comentou que “este reforzo ao sistema público de limpeza durará tres meses: xullo, agosto e setembro co obxectivo claro de baldear, limpar e varrer as rúas da nosa vila. Tamén se procederá ao desbroce para adecentar e mellorar as zonas de paseo. Estamos a falar da contorna da ría de Ribadeo, da zona do Cargadeiro e Cabanela, entre outras”.

O baldeado e limpeza das rúas xa deu comezo esta mesma mañá. O rexedor pide colaboración á hostalería: “queremos en primeiro lugar pedir disculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días co baldeado das rúas, sobre todo nas que hai terrazas. Á vez que solicitamos a súa colaboración, para que poidan apartar as mesas e as cadeiras mentres se desenvolven esas tarefas”.

O rexedor dixo que “Ribadeo é un concello turístico, temos que dar esa boa imaxe porque vivimos do turismo, pero tamén os veciños e das veciñas queremos un Ribadeo limpo e iso o imos facer e o imos traballar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...