InicioOrientalRibadeoA conselleira de Territorio visitou este luns o casco histórico de Ribadeo

A conselleira de Territorio visitou este luns o casco histórico de Ribadeo

Ángeles Vázquez anunciou en Ribadeo que a Xunta convoca por quinto ano consecutivo axudas de ata 15.000 euros para comprar vivendas en centros históricos.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Daniel Vega, recibiu no Concello á vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que despois visitou o casco histórico de Ribadeo.

O rexedor dixo que “é preciso investir para recuperar o noso casco histórico. A área Rexurbe significa iso: investir para conservar todo un conxunto histórico. Son 407.000 metros cadrados, nos que vai haber un investimento. En total 1.059 edificios, 1.309 vivendas, un orzamento que o 90 por cento vén da Xunta de Galicia e ten varios obxectivos: a vivenda pública e tamén recuperar e rehabilitar todos os espazos e os edificios públicos. Hai que investir para así poder conservar eses inmobles. E tamén temos o obxectivo de impulsar e dinamizar a economía. Polo tanto trátase tamén de investir para poder establecer proxectos económicos no casco histórico”.

Vega subliñou que “a área Rexurbe significa tamén un impulso económico para Ribadeo. E iso foi o que se fixo hoxe na visita da vicepresidenta segunda e conselleira de Vivenda e Medio Ambiente, que se desprazou a Ribadeo para poñer en valor todo un traballo qué moi importante para Ribadeo, non só para o casco histórico senón tamén para o conxunto do concello”. A Ribadeo tamén foi o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Ángeles Vázquez anunciou en Ribadeo que a Xunta convoca por quinto ano consecutivo axudas de ata 15.000 euros para comprar vivendas en centros históricos co obxectivo de promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 4 de xullo ao 2 de outubro.

Logo de salientar que esta liña de financiamento conta cun orzamento inicial de 500.000 euros, a conselleira explicou que as axudas son, con carácter xeral, de 10.800 euros, pero a contía pode incrementarse ata os 12.800 euros por vivenda se o solicitante é menor de 35 anos, e ata os 15.000 euros no caso de que o inmoble se localice nalgunha das sete Áreas Rexurbe declaradas na actualidade en Galicia, que son as da Coruña, Mondoñedo, Ribadavia, Tui, Ribadeo, Ferrol e Betanzos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...