O alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico municipal deste departamento, Iván López, mantiveron esta mañá un encontro cos participantes no programa Imos andar.
Nestas andainas saudables e sociais participan persoas de todas as idades. Desenvólvense desde finais do ano 2021 os martes e os xoves. Agora durante o verán mudaron de horario e as saídas teñen lugar ás 9:15 horas desde as inmediacións da Praza de Abastos.
Durante a época estival os martes os camiñantes farán o percorrido ata As Aceas e os xoves ata o faro da Illa Pancha.