InicioOrientalRibadeoRibadeo activa un plan de conservación do equipamento urbano

Ribadeo activa un plan de conservación do equipamento urbano

O alcalde, Dani Vega, lembrou que “activamos un plan de baldeo e limpeza. Na vila estamos eliminando toda a sucidade que había nas rúas, no rural estamos a desbrozar toda a nosa rede viaria".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello activou un plan de conservación do equipamento urbano, que se une ao da limpeza viaria iniciado o pasado luns.

O alcalde, Dani Vega, lembrou que “desde o Concello activamos un plan de baldeo e limpeza. Na vila estamos actuando e eliminando toda a sucidade que había nas rúas, no rural estamos a desbrozar toda a nosa rede viaria, xardíns, áreas recreativas ou puntos turísticos como pode ser o paseo das Aceas, os areais…”.

O rexedor subliñou que “tamén activamos un plan de conservación do equipamento urbano: bancos, papeleiras, macetas, farolas… estamos activando un adecentamento da nosa vila, que facía moita falta, e desde o Concello de Ribadeo estamos investindo para solucionar este problema, que moitos veciños nos levaban trasladando hai moito tempo”.

Vega engadiu que “tamén se fixo un baldeo dos contedores e estamos a traballar para dotar dun novo camión e novos contedores á recollida do lixo. En definitiva para ir solucionando pouco a pouco un problema que tiñamos e que entre todos creo que o podemos solucionar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...