- Advertisement -
Milleiros de persoas enchen desde primeiras horas da mañá as rúas da vila para gozar do amplo e variado programa de actos do Ribadeo Indiano 2003.
O mercado de ultramar, a chegada dos haigas ou a xinkana son algunhas das actividades ás que acudiron as concelleiras de Benetar Social, Seguridade Cidadá, Cultura e Turismo, Elena Sierra, Montse Eijo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así como a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, os concelleiros de Medio Ambiente e Deportes, Diego Dos Santos e Francisco José Silvent, e o xerente da asociación empresarial ribadense, Jesús Pérez.