InicioOrientalRibadeoO Bono Concilia Familia de Ribadeo poderase soliticar até o 15 de...

O Bono Concilia Familia de Ribadeo poderase soliticar até o 15 de setembro

Elena Sierra, concelleira de Benestar Social, indicou que “toda a información sobre o Bono Concilia Familia atópase na sede electrónica da Xunta de Galicia."

Publicada o

- Advertisement -

O 15 de setembro será a data límite para poder solicitar o Bono Concilia Familia. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anima ás posibles beneficiarias de Ribadeo a solicitalo.

Sierra explicou que “ata o 15 de setembro está aberto na Xunta de Galicia o prazo de solicitude de axudas económicas destinadas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos vacacionais escolares a través do Bono Concilia Familia”.

A concelleira ribadense contou que “se trata de axudas para familias con fillas e fillos de ata 12 anos, residentes en Galicia, para prestar atención a esas necesidades de conciliación entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro. Tamén se poderán beneficiar as persoas con rapaces a cargo en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos”.

Elena Sierra indicou que “toda a información sobre o Bono Concilia Familia atópase na sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquelas persoas que precisen algún tipo de aclaración tamén poden dirixirse ao departamento de Benestar Social do noso Concello”.

A edil de Benestar Social anima a solicitar estas axudas: “queremos animar ás familias de Ribadeo, que poidan ser beneficiarias destas axudas económicas, a que as soliciten. O prazo abriuse hai uns días e rematará a mediados de setembro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...