InicioOrientalRibadeoVisita do concelleiro de Deportes de Ribadeo ao Club de Petanca para...

Visita do concelleiro de Deportes de Ribadeo ao Club de Petanca para un encontro cos responsables

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, “nos achegamos a visitar o Club de Petanca de Ribadeo, para coñecer máis de preto a actividade que desenvolven desde hai tempo na nosa vila".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, visitou o Club de Petanca de Ribadeo e mantivo un encontro cos seus responsables.

Silvent contou que “nos achegamos a visitar o Club de Petanca de Ribadeo, para coñecer máis de preto a actividade que desenvolven desde hai tempo na nosa vila. Quixemos escoitar a súas inquedanzas e as súas experiencias”.

O edil de Deportes dixo: “desde a Concellería de Deportes estamos dispostos a colaborar co Club de Petanca de Ribadeo en todo o que poidamos, ao igual que o facemos con outras entidades e clubs similares”.

Para o concelleiro ribadense “reunirse para a práctica dun deporte ou xogo tradicional sempre é bo polo que implica para a socialización e as relacións entre as persoas e sobre todo pola recuperación e o mantemento das nosas tradicións”.

A petanca e a billarda estiveron presentes un ano máis no Ribadeo Indiano e o Concello aproveitou a ocasión para facerlles entrega duns agasallos a ambos clubs.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...