InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo apunta a necesidade de "dar pasos" para establecer...

O alcalde de Ribadeo apunta a necesidade de “dar pasos” para establecer proxectos empresariais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, considera que desde o Concello “temos que dar pasos” para o establecemento de proxectos empresariais en Ribadeo. Así o fixo na xornada Conecta Lugo, que hoxe se celebrou na localidade.

O rexedor amosouse satisfeito pola celebración en Ribadeo deste foro: “estamos contentos de poder acoller en Ribadeo unha xornada destas características para dar a coñecer as axudas da Axencia Galega de Innovación: InnovaPeme e DeseñaPeme e tamén as do Igape”.

Vega explicou que “se trata de axudas que poden animar a establecer proxectos empresariais en Ribadeo. Son axudas ás que pode acceder todo o tecido empresarial ribadense e son todas moi benvidas”.

O alcalde dixo: “necesitamos empresas, iso o sabemos perfectamente todos, e desde o Concello tamén temos que dar pasos para crear o clima necesario para o establecemento de proxectos empresariais”. E referiuse ao polígono industrial: “a baixada do prezo do solo e a rebaixa dos impostos e tamén hai que eliminar certos impostos que nosoutros entendemos que non son necesarios”.

Para Daniel Vega “este punto de encontro que hoxe falou desde Ribadeo para Galicia é algo moi importante. Estamos a falar de subvencións que van do 25 ao 75% de colaboración. Creo que estes espazos informativos o que queren é trasladar toda a información necesaria á empresa para emprender e se é en Ribadeo moito mellor”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...