InicioOrientalRibadeoA xogadora de basket Ángela Salvadores visitou o campus Econvive de Baloncesto...

A xogadora de basket Ángela Salvadores visitou o campus Econvive de Baloncesto en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “o deporte non descansa no verán en Ribadeo. Si esta semana falabamos de ximnasia rítmica, hoxe facémolo de baloncesto".

Publicada o

- Advertisement -

O Campus Econvive de Baloncesto, realizou unha xornada de adestramento no pavillón de Ribadeo. Os participantes puideron gozar da visita de Ángela Salvadores, xogadora profesional, recente campioa da Liga Feminina Endesa co Valencia Básket. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “o deporte non descansa no verán en Ribadeo. Si esta semana falabamos de ximnasia rítmica, hoxe facémolo de baloncesto. O noso pavillón acolleu unha das xornadas de adestramento do Campus Econvive de Baloncesto. O Concello colabora con esta actividade a través do CB Ría de Ribadeo”.

O edil ribadense explicou que “foron medio cento de nenas e de nenos os que puideron gozar da visita de Ángela Salvadores, xogadora profesional de baloncesto, recente campioa da Liga Feminina Endesa co Valencia Básket. Esta rapaza está a realizar adestramentos de pretempada en Ribadeo, antes de incorporarse como nova xogadora do Básket Landes, un equipo francés co que xogará a Euroliga. Salvadores xa destacou nas categorías inferiores da Selección Española con importantes actuacións e números de vértigo. Por poñer un exemplo, no 2019 foi elixida no draft da WNBA polos Angeles Sparks”.

Silvent subliñou que “desde o Concello de Ribadeo cremos que a realización destes campus é moi importante debido aos valores que lles transmiten ás nenas e aos nenos. E a posibilidade de compartir unhas horas con xogadoras que son unha referencia, como é o caso de Ángela Salvadores, é un aliciente máis. Non podemos esquecernos da promoción que isto supón tamén para Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...