InicioOrientalRibadeoO concerto polo Día da Patria en Ribadeo celebrarase no Campo de...

O concerto polo Día da Patria en Ribadeo celebrarase no Campo de San Francisco o 25 de xullo

David Ballester tamén comentou que este sábado, 22 de xullo, a Banda de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebra en Meira.

Publicada o

- Advertisement -

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo, martes, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao Teatro.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.

Festival de bandas ribadense o día 29

David Ballester tamén comentou que este sábado, 22 de xullo, a Banda de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebra en Meira. E ademais adiantou que o sábado 29 de xullo terá lugar o festival de bandas ribadense, no que participará a de Vilalba xunto coa local. “Ás sete da tarde faremos un pequeno pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as bandas farán primeiro unha actuación individual e despois tocaremos unhas pezas as dúas xuntas, con todos os integrantes”, explicou Ballester.

O director da Banda de Ribadeo rematou invitando “á xente que se atope en Ribadeo a vindeira semana a asistir ao concerto do 25 de xullo no Campo de San Francisco ás 20:30 horas e o sábado 29 de xullo ás 19:30 horas no auditorio Hernán Naval para o festival de bandas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...