InicioOrientalRibadeoO Trofeo Encontros no Camiño celebrarase en Ribadeo entre a SD Ponferradina...

O Trofeo Encontros no Camiño celebrarase en Ribadeo entre a SD Ponferradina e o Arenteiro

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinalou que “o Camiño de Santiago é un punto de encontro de persoas de diferentes países, idades e ideas".

Publicada o

- Advertisement -

A área recreativa de Santa Cruz, en Ribadeo, acolleu a presentación dunha nova edición de Encontros no Camiño, unha combinación de deporte e patrimonio cultural, a través da unión xerada polas rutas a Compostela. O trofeo de fútbol do mesmo nome disputarano a SD Ponferradina e o Arenteiro o vindeiro 29 de xullo ás sete da tarde no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinalou que “o Camiño de Santiago é un punto de encontro de persoas de diferentes países, idades e ideas. Ribadeo é porta de entrada do Camiño Norte e na nosa vila é onde se celebrara o día 29 o partido de fútbol Encontros no Camiño, unión de deporte e patrimonio cultural”.

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste encontro enfrontaranse o Arenteiro e a Ponferradina, dous equipos que forman parte do Camiño de Santiago. O partido será o 29 de xullo ás 19 horas”.

O alcalde, Dani Vega, dixo: “creo que esta cita é unha forma moi positiva de recordar aos que empezaron a loitar tanto por Amigos da Gaita como polo Ribadeo FC, que son os irmáns Suárez Couto. Os que empezaron todo isto foron eles. Trátase dunha familia que impulsou dúas entidades moi importantes para Ribadeo”.

O rexedor subliñou que “o trofeo é significativo, feito polo ourensán Faílde”. Para Dani Vega “é moi importante xuntar cultura con deporte e isto é o que queremos facer dende o Concello de Ribadeo: impulsar a cultura, impulsar o deporte e con iso traballar conxuntamente entre todos”.

No acto de presentación estiveron presentes tamén directivos do Ribadeo FC, de Amigos da Gaita e de Sargadelos, o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Marta Saiz e Diego dos Santos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...