InicioOrientalRibadeoO grupo máis grande de 'scouts' fai unha parada en Ribadeo

O grupo máis grande de ‘scouts’ fai unha parada en Ribadeo

O alcalde, Daniel Vega, mdeclarou: “grazas ao grupo scout 284 Reina del Cielo do barrio de La Estrella, en Madrid, por visitar Ribadeo. E ánimo na ruta”.

Publicada o

- Advertisement -

Setenta rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos pasaron por Ribadeo nas últimas, a onde chegaron de ruta a pé. Trátase do grupo máis grande de scouts de España.

Xunto a eles estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que lles agradeceron o seu paso por Ribadeo e lles deron ánimo para continuar o seu camiño.

Vega declarou: “grazas ao grupo scout 284 Reina del Cielo do barrio de La Estrella, en Madrid, por visitar Ribadeo. E ánimo na ruta”.

Silvent dixo: “queremos poñer en valor a unión do turismo e do deporte e dar cabida a agrupacións que buscan coñecer a nosa vila”. Este grupo de scouts visitou o casco histórico de Ribadeo, As Catedrais e tamén Rinlo.

O edil ribadense engadiu: “desde a Concellería de Deportes abriremos sempre as portas a todas as agrupacións para que o nome de Ribadeo chegue o máis lonxe posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...