InicioOrientalRibadeoPresentado o IV Plan de Igualdade de Ribadeo

Presentado o IV Plan de Igualdade de Ribadeo

Esta iniciativa representa un paso significativo no compromiso continuo do Concello para promover a igualdade de xénero debido a que é consciente da necesidade de implementar medidas concretas para abordar esta problemática.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello, a través do CIM, iniciou un proceso de estudo e recompilación de datos en colaboración con Coeduc@, consultora de coeducación, co obxectivo de desenvolver o IV Plan de Igualdade para Ribadeo.

Esta iniciativa representa un paso significativo no compromiso continuo do Concello para promover a igualdade de xénero debido a que é consciente da necesidade de implementar medidas concretas para abordar esta problemática.

Coeduc@, encargada da elaboración do Plan, é unha consultora con ampla experiencia na elaboración de plans de igualdade, o que permitirá que o proceso sexa máis sólido e efectivo, aproveitando o seu coñecemento especializado e recursos.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “estamos a traballar para que este IV Plan de Igualdade sexa froito do consenso porque a igualdade é unha responsabilidade compartida”.

A edil ribadense manifestou: “o enfoque interseccional que estamos a adoptar, permitiranos abordar as complexidades da discriminación e a desigualdade desde unha perspectiva máis completa. O noso obxectivo é que ninguén quede atrás, que todas as voces sexan escoitadas e que as accións implementadas sexan verdadeiramente transformadoras”.

Begoña Sanjurjo subliñou que” desde a Área de Igualdade do Concello, comprometémonos a manter un seguimento rigoroso das accións levadas a cabo no marco do Plan de Igualdade. A avaliación constante permitiranos axustar estratexias se é necesario”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...