InicioEconomíaACISA Ribadeo valoran o mes de xullo como positivo ante a elevada...

ACISA Ribadeo valoran o mes de xullo como positivo ante a elevada ocupación hoteleira

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indica que “a mellor forma de palpar a presenza de turistas en Ribadeo é dar unha volta polas rúas peonís, que están ateigadas de xente continuamente, ver o ambiente nas terrazas, nos establecementos hostaleiros".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa fai un balance positivo do mes de xullo no que a ocupación hoteleira roldou entre o 75 e o 90%. As expectativas para agosto son moi boas.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, sinala que “tras a consulta realizada entre os hoteis asociados podemos facer un balance positivo do mes de xullo no que a ocupación oscilou entre o 75 e o 90%. E as expectativas para agosto, vendo as reservas, polo que nos comentan son moi boas. Agardamos que este verán de 2023 sexa moi positivo para todo o sector”.

Cruzado Iglesias indica que “a mellor forma de palpar a presenza de turistas en Ribadeo é dar unha volta polas rúas peonís, que están ateigadas de xente continuamente, ver o ambiente nas terrazas, nos establecementos hostaleiros… hainos que xa para agosto estableceron dúas quendas nas comidas co obxectivo de poder dar cobertura a toda a demanda existente, achegarse ata o porto, ata o paseo marítimo, ver cómo están os aparcamentos, a cantidade de peregrinos (sobre todo estranxeiros, que están a facer o camiño)… houbo moita xente en Ribadeo en xullo e está a chegar moita máis en agosto”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifesta que “temos que comparar os datos de 2023 cos de 2019, o ano anterior á pandemia, no que o ambiente nocturno na restauración era moi frouxo. A situación mellorou e agardamos que siga mellorando, a pesares das dificultades que moitos negocios tiveron para conseguir persoal para este verán. Todos os locais están tentando dar o mellor de si”.

Pérez Prada engade: “Ribadeo ten moito que ofrecer: un comercio que é un referente en toda a contorna, un servizo de restauración no que saborear as exquisiteces do noso mar e da nosa terra a moi bos prezos, hoteis espectaculares… si a iso lle engadimos a riqueza paisaxística e monumental, non se nos ocorre mellor enclave para pasar as vacacións de verán ou calquera fin de semana ou ponte festiva ao longo do ano”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...