O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a asistir ao Trofeo Emma Cuervo, que disputarán esta tarde o Rácing de Ferrol e o Real Oviedo.
O edil lembrou que “hoxe terá lugar o septuaxésimo segundo trofeo Emma Cuervo, o vicedecano dos trofeos de verán. Enfrontaranse o Rcing de Ferrol co Real Oviedo no Estadio Municipal Pepe Barrera ás 19 horas”.
Silventi subliñou que “dende o Concello de Ribadeo colaboramos en todo o necesario e animamos a todo aquel ao que lle guste o fútbol a que non deixe escapar esta oportunidade de ver un partido de moi alto nivel. Esperámosvos a todos no Emma Cuervo”.