Maiores do centro de día e da residencia viaxaron coa experiencia no tren turístico de Ribadeo. A Concellería de Benestar Social traballa no deseño doutras actividades para as usuarias e os usuarios destas instalacións.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, contou que “desde a Concellería de Benestar Social propúxose para os nosos maiores a actividade de lecer Viaxando coa Experiencia, que levou a cabo onte luns, 7 de agosto. Consistiu nun paseo no tren turístico para todos os usuarios e usuarias capacitados para realizala, tanto do centro de día como da residencia municipal”.
A edil ribadense dixo: “gozamos moito dun paseo con bo tempo, risas e cancións. Queremos agradecerlle a Agramar a súa dispoñibilidade e colaboración”
Sierra traballa xa noutras ideas escoitadas nesta viaxe coa experiencia: “desde esta Concellaría xa estamos a pensar en novas ideas, moitas delas saídas da experiencia dos nosos pasaxeiros e que esperamos levalas pronto a caboPalabras descoñecidas”.