InicioOrientalRibadeoA nova edición do Mercado de Rúa en Ribadeo comezará este xoves...

A nova edición do Mercado de Rúa en Ribadeo comezará este xoves 10 de agosto

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destaca que “con esta cita tratamos de sacar os produtos á rúa, facéndoos máis atractivos e accesibles para o comprador, ademais de aproveitar deste xeito a segunda fase das rebaixas de verán”.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo organiza unha nova edición do seu Mercado de Rúa, que se celebrará do 10 ao 13 de agosto. Máis dunha vintena de negocios sacarán os seus produtos á rúa con grandes descontos. Con esta iniciativa Acisa pretende animar as compras nesta segunda fase das rebaixas e na época de maior afluencia turística en Ribadeo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destaca que “con esta cita tratamos de sacar os produtos á rúa, facéndoos máis atractivos e accesibles para o comprador, ademais de aproveitar deste xeito a segunda fase das rebaixas de verán”. Os establecementos participantes son R23, A Moda Sport, Catro Ventos, Anais, Pequerrechos, Opticalia, Naná, Mika, Mistic, ForFriends, Coco, Jatay, Saia, Serendipia, Dandara, Grisi, Farfala, Glass, Adele, Deportes Docobo, Bombones Moreno, BoutiquePippol´s e Vitaldent.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, asegura que “todos estes establecementos sacarán á rúa os seus artigos de forma que o cliente poida velos con maior facilidade. A estes hai que sumar os máis de 90 comercios asociados a Acisa, que están a liquidar stocks ou facendo descontos e ofertas especiais con motivo das rebaixas de verán”.

Cruzado Iglesias e Pérez Prada animan “a achegarse estes días a Ribadeo ao Mercado de Rúa, que dará comezo mañá e prolongarase ata o vindeiro domingo. Ademais de comprar e pasear polas nosas rúas comerciais poderán gozar das terrazas, da gastronomía e da beleza monumental e paisaxística de Ribadeo”. O Mercado de Rúa é unha campaña organizada por Acisa Ribadeo, que conta co financiamento a colaboración do Concello de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...