InicioOrientalRibadeoO barco 'Atyla' estará en Ribadeo entre o 10 e o 13...

O barco ‘Atyla’ estará en Ribadeo entre o 10 e o 13 de agosto

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “o famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo coa axuda da Fundación Traslatio e a colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o Real Club Naútico de Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

O famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto. A embarcación atracará nas instalacións do Real Club Náutico e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14 horas.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “o famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto coa axuda da Fundación Traslatio e a colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o Real Club Naútico de Ribadeo. Durante estes días teremos a oportunidade de ver este famoso barco, o único de madeira en toda España que fai viaxes de aventura a nivel internacional. Este veleiro foi construído nos anos 80 seguindo técnicas tradicionais (carpintería de ribeira) cun deseño inspirado nos buques do século XVIII”.

A edil ribadense explicou que “o barco está xestionado por unha organización benéfica e o 100% dos beneficios e doazóns recibidas destínanse a un Fondo de Bolsas para que persoas con poucos recursos poidan participar nas viaxes que este ofrece. Son viaxes de aventura nos que a tripulación a través de retos fomenta o desenvolvemento de diversas habilidades dos novos tripulantes como o traballo en equipo, comunicación intercultural, intelixencia emocional, pensamento crítico, liderazgo, responsabilidade, coraxe e resiliencia”.

Saiz indicou que “o barco Atyla atracará nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14 horas. Para os interesados na navegación tamén ofrece excursión marítimas do 10 ao 12 de agosto ás 17 horas dunhas tres horas de duración”.

A concelleira de Turismo engadiu: “desexamos que esta nova iniciativa que se propón dende o Concello e a Concellería de Turismo sexa de interese para a cidadanía e siga a potenciar o turismo náutico, outros dos nosos grandes baluartes, que atrae a esta vila centos de navegantes de diversas nacionalidades que usan as prazas de transito do Club Náutico para recalar en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...