InicioOrientalRibadeoComeza en Ribadeo o Mercado de Rúa organizado por ACISA

Comeza en Ribadeo o Mercado de Rúa organizado por ACISA

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comenta que “Ribadeo está a lume de biqueira estes días e iso estase notando nas vendas do comercio".

Publicada o

- Advertisement -

Con bo ambiente comezou hoxe en Ribadeo o Mercado de Rúa, organizado por Acisa, e no que participan ata o domingo máis dunha vintena de tendas. A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comenta que “Ribadeo está a lume de biqueira estes días e iso estase notando nas vendas do comercio. Hai moita xente interesada en facerse con produtos de tempada aproveitando os importantes descontos que as tendas ofrecen durante o Mercado de Rúa. Desde Acisa queremos insistir en que aínda que non todos os locais asociados saquen os seus artigos á rúa, todos seguen de rebaixas e é unha oportunidade única para que aproveitemos as grandes ofertas e oportunidades que atoparemos estes días no comercio de Ribadeo”.

Os establecementos participantes nesta nova edición do Mercado de Rúa son R23, A Moda Sport, Catro Ventos, Anais, Pequerrechos, Opticalia, Naná, Mika, Mistic, ForFriends, Coco, Jatay, Saia, Serendipia, Dandara, Grisi, Farfala, Glass, Adele, Deportes Docobo, Bombones Moreno, Boutique Pippol´s e Vitaldent.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “a participación dos establecementos nesta campaña na que se poderemos atopar descontos especiais de ata o 60 %, 2×1 en diferentes produtos, prezos reducidos a 5, 10, 15, 20 e 30 euros e moito máis. O primeiro día empezou moi ben e esperamos que o Mercado de Rúa sexa un éxito de vendas de aquí ao domingo”. O Mercado de Rúa é unha campaña organizada por Acisa Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...