InicioOrientalRibadeoOs barcos 'Xiringüelo' e 'Maremasma', primeiros gañadores da Semana Náutica de Ribadeo

Os barcos ‘Xiringüelo’ e ‘Maremasma’, primeiros gañadores da Semana Náutica de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A embarcación de Foz, ‘Maremasma’, veterana dentro do certame deportivo, xa alcanzara a primeira posición en edicións anteriores, e volveu facelo no XII Trofeo ACISA de Vela Cruceiro celebrado durante os primeiros días da XXXIII Semana Náutica de Ribadeo. Na regata participaron un total de 12 embarcacións.

Á súa vez, Xiringüelo, embarcación local, conseguiu o primeiro posto na segunda regata, o XII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica. Na regata de vela tradicional, o XXV Trofeo Deputación, o primeiro posto quedou na casa, sendo a embarcación gañadora, Paradores, patroneada por alumnos da escola de vela do Club Náutico de Ribadeo.

“Estamos moi contentos e satisfeitos coa participación, superando xa o ecuador da XXXIII Semana Náutica”, afirma Pablo Fernández Ferreyra, presidente do Real Club Náutico de Ribadeo. A clausura desta edición chegará co esperado XII Trofeo Abanca, coa súa travesía a Tapia de Casariego, que terá lugar o venres 18 ás 11:30 horas e a entrega de trofeos o sábado 19 a partir das 20:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...