InicioOrientalRibadeoRibadeo destina 80.000 euros para a nova edición da Pancha

Ribadeo destina 80.000 euros para a nova edición da Pancha

O alcalde, Daniel Vega, comentou que “tamén neste pleno aprobamos unha cantidade importante e orzamentaria para pagar facturas”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello destina 80.000 euros á nova edición da Pancha, a moeda local ribadense. O alcalde, Dani Vega, subliñou o apoio ao comercio con esta importante inxección económica. 

O rexedor explicou que “na pasada noite celebramos un pleno onde aprobamos varios puntos. Un deles era unha modificación orzamentaria que incluía a Pancha, a nosa moda local. Imos seguir facendo promoción do comercio e imos investir 80.000 euros. Creo que é unha inxección e un respaldo moi importante. Dende logo, nós imos seguir apostando polo noso comercio local”.

Dani Vega indicou: “a Pancha é esa moeda local e creo que debemos promocionala. Este goberno no que está traballar é en investir e xestionar. Dentro deses 80.000 euros, en primeiro lugar aprobámolos nós con fondos propios e agora o que faremos é xestionar unha subvención tamén dende a Xunta de Galicia para que nos apoie e así non ter que poñer todo con fondos propios. Inversión, xestión, é o que estamos a facer”.

O alcalde contou que “tamén neste pleno aprobamos unha cantidade importante e orzamentaria para pagar facturas. É verdade que todas son do anterior goberno, pero nós agora somos o goberno e a responsabilidade orzamentaria tamén nos di que debemos pagar esas facturas porque é a nosa obriga”.

Vega cre que “estamos traballando nunha boa liña, creo que estamos escoitando como onte fixemos no pleno á oposición, recollendo as súas propostas, e entre todos xestionar e traballar en beneficio de Ribadeo”. Os festivos de 2024 en Ribadeo serán o martes de Entroido e o día de San Roque.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...