- Advertisement -
Máis dun cento de pilotos reuníronse hoxe en Vilaframil na concentración organizada pola Asociación de Aeromodelismo Nordés. Xunto a eles estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor declarou que “o aeromodelismo é afición e deporte. Esta sección da aviación deportiva baséase en tres pilares: deseñar, construír e voar. Grazas á Asociación de Aeromodelismo! Facedes Ribadeo máis grande!”.