IniciosociedadeAprobado o Plan Estratéxico de APAGA para os próximos dous anos

Aprobado o Plan Estratéxico de APAGA para os próximos dous anos

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, seguirá á fronte de Apaga: “á elección de nova xunta directiva, presentouse soamente unha candidatura que está formada pola mesma xente que estamos neste momento".

Publicada o

- Advertisement -

O XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga continúa adiante en Ribadeo. A asociación celebrou neste marco a súa asemblea anual na que foi aprobado o plan estratéxico para os vindeiros dous anos.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “a asemblea anual da asociación dividiuse en dúas partes totalmente diferenciadas. Por unha estivo a elección de nova xunta directiva e por outra o plan estratéxico para os próximos dous anos. Ademais aprobouse o exercicio económico de 2022 e informouse tamén da situación neste momento dos proxectos europeos que están en marcha, os que foron aprobados este ano e hai un novo proxecto de mobilidade e un proxecto sobre a tecnoloxía do hidróxeno”.

Doural seguirá á fronte de Apaga: “á elección de nova xunta directiva, presentouse soamente unha candidatura que está formada pola mesma xente que estamos neste momento. Hai un proceso de continuidade; é dicir, elección dos tres cargos principais. O secretario segue sendo Juan José Martínez Fernández, profesor dun instituto de Murcia, o tesoureiro, que é Francisco Javier Rodríguez Fanego, profesor do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, mais eu, que son Álvaro Doural, como presidente. Queda por ampliar o resto do equipo, pero en principio quedou escollido o que forma o núcleo principal da asociación e nos próximos días formarase o equipo de xestión, segundo o organigrama que temos na entidade”.

O presidente de Apaga subliñou que “se vai programar unha nova formación tendo en conta cara onde vai o mundo do automóbil: vehículos eléctricos, novos combustibles, sostenilibidade, os sistemas de comunicación, todas estas novas tecnoloxías que neste momento se están a incorporar e imos plantexar ese tipo de formación”.

E engadiu: “tamén se valorou a proposta da Asociación Española de Fabricantes de Automóbil. É unha petición que fixo para a incorporación de Apaga a esa asociación. Neste momento nós pediremos información e vaise valorar a incorporación a esta asociación como tamén á Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos, que é outra petición que se nos cursou tamén. En xeral, este plan estratéxico aborda os sistemas principais do que vai ser o automóbil a partir destes próximos anos e queremos planificar unha formación tanto para profesores como técnicos de empresa”.

O XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos séguese a celebrar en Ribadeo ata mañá. Onte o medio cento de participantes asistiu á recepción ofrecida no Concello e hoxe pola tarde irán en barca desde Ribadeo ata Ría de Abres, onde gozarán dunha merenda campestre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...