InicioOrientalRibadeoBalance positivo do XX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos en...

Balance positivo do XX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos en Ribadeo

Para o presidente de Apaga, Álvaro Doural: “a xente marcha cun bo sabor de boca pola formación que se deu e pola parte lúdica tamén”.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, fai un balance positivo do XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que esta noite remata en Ribadeo. Destaca a alta participación, mais numerosa que nas outras edicións, e tamén a calidade das ponencias. 

Doural subliñou que “o balance é moi positivo. Este ano participou máis xente que nos anteriores e ademais creo que o nivel das ponencias foi moi bo. Estamos satisfeitos do resultado das actividades, incluídas tamén as lúdicas que se fixeron onte, cando o día axudou moito”. O presidente de Apaga refírese ao paseo en barca entre Ribadeo e Ría de Abres do que gozaron os asistentes nas últimas horas e que rematou cunha merenda campestre. Para o presidente de Apaga “a xente marcha cun bo sabor de boca pola formación que se deu e pola parte lúdica tamén”.

Os proxectos Erasmus centrarán a tarde de hoxe, onde o profesorado falará da súa mobilidade a Estonia e o alumnado da realizada a Italia. De cara ao 2024 “a idea é continuar nesta liña e ir incorporando novos temas e actividades que poidan ser amplamente significativas para a docencia”, comentou Álvaro Doural, o presidente de Apaga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...