InicioOrientalRibadeoRibadeo levanta as restricións sobre o uso de auga da traída e...

Ribadeo levanta as restricións sobre o uso de auga da traída e pide consumo responsable

O alcalde, Dani Vega, dixo que “a partir de agora poderase facer unha vida normal, pero o que si pedimos é que se sexa coherente e responsable na xestión da auga. É un recurso de todos e debemos tomar medidas para unha boa xestión”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello levanta as restricións sobre o uso da auga de traída. O alcalde, Dani Vega, agradece o comportamento da veciñanza ao longo das últimas semanas e pide coherencia e responsabilidade na xestión deste recurso.

O rexedor explicou que “despois de convocar a mesa da auga tomamos a decisión de eliminar as restricións que había adoptadas. Foron momentos complexos, pero agora despois da cantidade de auga que choveu e da boa xestión da auga destes últimos días podemos levantar esas restricións, que axudaron a que haxa mais recurso de auga”.

Dani Vega dixo que “a partir de agora poderase facer unha vida normal, pero o que si pedimos é que se sexa coherente e responsable na xestión da auga. É un recurso de todos e debemos tomar medidas para unha boa xestión”.

O alcalde tivo palabras de agradecemento para a veciñanza: “grazas a todos por comprender durante este tempo estas medidas. Pedimos disculpas polos trastornos que puideron ocasionar, pero sempre foi pensando no ben de todos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...