As festas patronais chegaron á residencia de maiores e ao centro de día. Os Cabezudos e as gaitas amenizaron a cita, que culminou compartindo un chocolate con churros.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, contou que “os nosos maiores da residencia municipal e o centro de día cele braron o seu día nas festas patronais de Ribadeo”.
A edil relatou que “os Cabezudos, acompañados do cuarteto de gaitas Illa Pancha encheron de música, baile e risas os centros onde os nosos maiores non dubidaron nin por un momento en acompañalos con algún baile”.
Sierra engadiu que “para acabar a xornada todos xuntos tomarán chocolate con churros, esperando que eles como nós pasen un momento agradable”.