Un centenar de menores acudiron ás escolas deportivas do Concello de Ribadeo

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “rematamos as escolas de verán cunha valoración moi positiva, onde tivemos un cento de rapazas e rapaces”.


Un centenar de nenas e nenos acudiron ás escolas deportivas de verán que organizou o Concello de Ribadeo. O edil de Deportes, Francisco José Silvent, fai unha valoración moi positiva.

O concelleiro declarou: “rematamos as escolas de verán cunha valoración moi positiva, onde tivemos un cento de rapazas e rapaces”.

Silvent tivo palabras de agradecemento pola labor realizada: “queremos agradecer ao Club de Piragüismo Altruán, a Hola Ola e ao Real Club Náutico de Ribadeo a excelente labor realizada nos cursos de piragüismo, vela, pesca e surf”.

O edil de Deportes subliñou que “desde o Concello de Ribadeo seguiremos apostando polos deportes en tempada estival”.

Francisco José Silvent e o alcalde, Dani Vega, participaron na firma dos convenios coas escolas deportivas de verán, que tivo lugar días atrás no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here