InicioOrientalRibadeoXuntanza de traballo entre ACISA e Concello de Ribadeo sobre novas campañas...

Xuntanza de traballo entre ACISA e Concello de Ribadeo sobre novas campañas e actividades

Desde Acisa inciden na necesidade “de mellorar a cobertura de telefonía móbil dalgunhas compañías, que está a ocasionar problemas en varias zonas de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa e Concello de Ribadeo mantiveron unha xuntanza no Pazo de Ibáñez na que analizaron, entre outros temas, as vindeiras campañas e actividades nas que están a traballar e que se desenvolverán en Ribadeo ata finais de ano.

No encontro participaron por parte do Concello o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Comercio e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, e por parte de Acisa a presidenta, Carmen Cruzado, a tesoureira, Manoli Torviso, e o xerente, Jesús Pérez.

Un dos asuntos abordados foi a necesidade de ampliar a rede de telefonía móbil no municipio “debido a que no verán coa chegada de milleiros de turistas á nosa vila o servizo queda escaso. Varias asociadas e asociados puxéronse en contacto con nós para facernos chegar as dificultades que isto lles ocasionou en momentos puntuais en xullo e agosto para poder, por exemplo, cobrar con tarxeta”, explican desde a directiva de Acisa. E indican que “o turismo en Ribadeo vai a máis e debemos estar preparados para a vindeira Semana Santa e sobre todo para o verán, co fin de ofrecerlles os mellores servizos ás nosas empresas, á nosa veciñanza e tamén ás persoas que nos visitan”.

Desde Acisa tamén inciden na necesidade “de mellorar a cobertura de telefonía móbil dalgunhas compañías, que está a ocasionar problemas en varias zonas de Ribadeo”.

Na xuntanza tamén se deu traslado ao Concello das queixas dos socios sobre a presenza de excrementos e ouriños das mascotas nas rúas: “consideramos necesario concienciar á veciñanza para mellorar todo isto e ofrecer a mellor imaxe posible de Ribadeo. A limpeza é cousa de todas e de todos nos”. Acisa e Concello seguirán a colaborar conxuntamente para dinamizar a economía local coas campañas e iniciativas que se desenvolverán ata finais de ano e que culminarán co Nadal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...