O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fai unha valoración moi positiva da IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado. E agradece o traballo do voluntariado. Silvent declarou: “desde o Concello facemos unha valoración moi positiva da novena media maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado”.
O edil de Deportes subliñou que “foron máis de 700 corredores e corredoras os que participaron nesta importante cita deportiva, que move a centos de persoas chegadas desde moitos puntos e rexións: Galicia, Andalucía, Cantabria, Cataluña, País Vasco, Valencia, Aragón, Castela-A Mancha, Madrid ou Castela-León. Tamén tivemos participantes de Brasil, Alemaña, Uruguai, Polonia e Reino Unido”.
O concelleiro ribadense subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.
Francisco José Silvent tamén tivo palabras de agradecemento: “queremos agradecer a labor de todo o voluntariado co que contamos para que a proba se puidese desenvolver nas mellores condicións e sen incidencias. Grazas a Protección Civil e á Policía Local. E grazas tamén a Acisa Ribadeo por colaborar un ano máis con nós ao igual que a El Progreso, Mercadona, Gadis, Eroski, Coca Cola, Powerade, Grupo Breogán, Kia Breogán Car, Lexus Galicia, Breogán Motor, Centro Porsche A Coruña e LifePro”.
E engadiu: “grazas a todos os deportistas que acudiron a esta cita e noraboa ás gañadoras e gañadores. No Concello de Ribadeo xa estamos pensando na décima edición da nosa media maratón, que será en setembro de 2024”.