InicioOrientalRibadeoA piscina municipal de Ribadeo estrea unha sala de cross

A piscina municipal de Ribadeo estrea unha sala de cross

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados para adestramentos de alta intensidade".

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade. O investimento realizado por BeOne ascende a máis de 216.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.

Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”.

Vega aposta pola colaboración permanente entre Concello e BeOne, empresa concesionaria da piscina municipal: “nesa colaboración permanente imos seguir e valoramos todo o traballo que fan, tamén felicitamos á dirección, ao seu CEO, Roberto Ramos. E animamos a todos os ribadenses a que vaian á nosa piscina municipal e practiquen deporte, porque están investindo na súa saúde”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...