InicioOrientalRibadeoNenos e nenas de Ribadeo disfrutarán dunha xornada especial no Mercado dos...

Nenos e nenas de Ribadeo disfrutarán dunha xornada especial no Mercado dos Domingos

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final".

Publicada o

- Advertisement -

As nenas e os nenos serán os protagonistas o 24 de setembro do Mercado dos Domingos. Esa xornada haberá xincana e música na contorna da Praza de Abastos.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”.

A edil ribadense contou que “o vindeiro domingo, 24 de setembro, os pícaros e as pícaras ocuparán o mercado. A programación inclúe unha xincana Alimentos da nosa terra, a cargo de Eo Alimenta. E tamén teremos un concerto de Joni Ramos”.

Saiz anima a acudir ao Mercado dos Domingos: “un domingo máis animamos a acudir a esta cita e a consumir produtos frescos, de gran calidade e procedentes da nosa zona”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...