InicioOrientalRibadeoÉxito de 'Baños de Mar' en Ribadeo esta fin de semana

Éxito de ‘Baños de Mar’ en Ribadeo esta fin de semana

"Todo co obxectivo de recuperar tradicións perdidas e para desestacionalizar o turismo", subliñou o alcalde, Dani Vega.

Publicada o

- Advertisement -

Éxito de participación nos Baños de Mar organizados polo Concello de Ribadeo esta fin de semana, co obxectivo de recuperar a tradición das Canouras, aquelas mulleres que daban nove baños en setembro a principios do século pasado.

Durante a fin de semana houbo charla, visita guiada, baños colectivos na praia do Cargadoiro, xantar campestre, baile, música e monicreques, espectáculo de narración oral e circo. “Todo co obxectivo de recuperar tradicións perdidas e para desestacionalizar o turismo”, subliñou o alcalde, Dani Vega.

Por outra banda, as nenas e os nenos foron os protagonistas do Mercado dos Domingos. Participaron nunha xincana e gozaron dunha fantástica mañá dominical arredor dos produtos da horta ribadense. A xornada estivo amenizada pola actuación do vivairense Joni Ramos.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...